O vindeiro martes, 9 de setembro, Mos converterase nun dos epicentros do ciclismo internacional coa chegada da 16ª etapa de La Vuelta Ciclista a España 2025, que sairá de Poio e rematará no Alto do Castro de Herville.

Características da etapa
Etapa 16: Poio – Mos (Alto do Castro de Herville).
Data: 9 de setembro de 2025.
Distancia total: 167,9 quilómetros.
Desnivel acumulado: máis de 3.472 metros (media montaña).
Percorrido por Mos
Dentro do termo municipal, a etapa pasará polos seguintes puntos:
Estrada PO-331 dirección Gondomar–O Porriño (Atín–A Florida), Camiño dos Santos Reis, Camiño de Campo de Eiró, Camiño Fonte da Proba, Camiño da Mouta, Camiño de Soutelo, Camiño de Pazos, Camiño da Cruz, Rúa Alcalde Olegario Rodríguez Pérez, Estrada Generoso, Domínguez, PO-331 (Alto de San Cosme), Estrada a Tui, Camiño do Salgueiro, Subida ao Castro de Herville.
Horarios e Itinerario previsto:
Zona de meta (Castro de Herville)
14:00 h → Peche total do circuíto de meta e desvío de vehículos.
17:15 / 17:30 h → Chegada da carreira.
18:00 h → Fin da cerimonia de podio.
21:30 h → Hora aproximada de reapertura ao tráfico na zona de meta.
Parque Vuelta (Avda. de Sanguiñeda):
16:00 h → Apertura ao público da zona Parque Vuelta, con retransmisión en directo da etapa.
Desde a apertura → Actividades, obradoiros e animación infantil.
21:00 h → Peche do Parque Vuelta.
Este espazo ofrecerá actividades lúdicas para todas as idades, obradoiros e animación infantil, ademais da retransmisión en directo da etapa, e será un punto de encontro para familias, afeccionadas e afeccionados ao ciclismo.
O Concello de Mos convida a toda a veciñanza a participar activamente nesta xornada histórica, a gozar do espectáculo deportivo e a compartir con orgullo a proxección que a La Vuelta 2025 lle dará ao noso municipio.
