Mos súmase á campaña Bono Peixe para impulsar o consumo de peixe fresco e apoiar ao comercio local

O Concello de Mos únese á campaña Bono Peixe, unha iniciativa da Xunta de Galicia destinada a fomentar o consumo de peixe e marisco fresco entre a veciñanza e a apoiar ao pequeno comercio do sector.

A campaña ofrece a cada persoa un bono dixital de 50 euros, repartido en descontos semanais dun máximo de 5 euros (equivalentes ao 25 % do importe de cada compra), acumulables ata 25 euros por semana, durante un máximo de 10 semanas.

Hai máis de 700 establecementos adheridos en toda Galicia, o que amosa a boa acollida e dinamismo da medida. A peixería Luz María, situada na estrada Peinador-Os Valos, 7, tamén forma parte da rede de comercios adheridos ao Bono Peixe. É un establecemento tradicional de referencia no entorno, que ofrece unha ampla variedade de peixe e marisco fresco, apostando pola calidade e a proximidade.

“Esta campaña é  unha boa oportunidade para achegar aos nosos veciños e veciñas o mellor do mar galego, con frescura, calidade e confianza en cada produto”, afirma Luz María, responsable da peixaría.

Puntos clave da campaña Bono Peixe:

Destinatarios:  Persoas maiores de idade residentes en Galicia.

Valor do bono:  Ata 50 € por persoa.

Funcionamento: En cada compra de peixe e marisco fresco pódese obter un desconto do 25 % do importe, pero como máximo 5 € por compra. No caso de ter descontos acumulados de semanas anteriores pódense usar, pero nunca descontar máis de 25€ nunha mesma semana.

Obxectivo:  Fomentar o consumo de produtos do mar fresco e apoiar ao comercio local.

A adhesión do Concello de Mos e da peixería Luz María ao Bono Peixe reforza o compromiso co comercio de proximidade e coa alimentación saudable. Trátase dunha medida que, grazas á súa boa acollida, promete un impulso importante para o sector pesqueiro e os negocios galegos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *