Nigrán ofrece este mércores un baile especial polo «Día do Pai»

Terá lugar a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal coa actuación do grupo Nostalgias e haberá descanso con meredenda

O Concello de Nigrán ofrece este mércores 19 de marzo un baile especial polo ‘Día do Pai’ a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal.

O evento contará coa actuación do grupo Nostalgias e ofrecerase rosca e chocolate no descanso. A entrada é de balde ata completarse o aforo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *